28/4/08

Dende sempre..

Un investigador na Universidade de Harvard está reunindo un crecente número de evidencias de que antiguos artesáns gregos foron capaces de deseñar sofisticadas máquinas sen coñecer necesariamente a teoría matemática que respalda a súa construcción.Análises recentes de tratados técnicos que datan do século quinto antes da nosa era, revelan que a tecnoloxía floreceu entre artesáns cun coñecemento teórico limitado.Os artesáns tiñan o seu propio tipo de coñecemento que non tiña que estar baseado na teoría, e eran capaces de construir dispositivos calibrados con precisión.
A balanza, usada para medir o peso en todo o mundo antiguo, é o mellor exemplo dos hachazgos do profesor Mark Schiefsky sobre a distinción entre o coñecemento teórico e o práctico dos constructores. Traballando cun grupo dirixido por Jürgen Renn, Director do Instituto Max Planck para a Historia da Ciencia, en Berlín, Schiefsky encontrou que a balanza coñecida como "balanza romana", que ten os brazos desiguais, estaba en uso xa nos séculos cuarto e quinto aC, antes de que Arquímedes e outros pensadores da era Helenística fixeran unha demostración matemática dos seus fundamentos teóricos."A xente asume que Arquímedes foi o primeiro en usar a balanza romana porque se tende a crer que un non pode crear tal artefacto sen coñecer a lei da palanca. En realidade, si é posible facelo, e diversos arteséns o fixeron. Eles tiñan o seu propio xogo de regras para fabricar a balanza e calibrala", explica Schiefsky.As necesidades prácticas, así como o método de proba e error, levaron ao desarrollo de tecnoloxías tales como a citada balanza romana.



Aquí queda isto que encontrei nesta páxina :)
http://www.amazings.com/
e pareceume interesante.

As matemáticas están con nós dende sempre...

No hay comentarios: