
Ola!
Pois hoxe encontrei unha noticia que me gustou, así que aquí queda para que a poidades ler todos. É unha entrevista a un rapaz de 2º de Bacharelato que gañou a fase autonómica da 44 Olimpiada matemática.
-As 'mates' son a pesadilla de moitos estudantes. Que as fan tan temidas?
-Que resultan difíciles se non se entenden e isto depende do profesor, de que as explique dunha forma amena, de que sepa dinamizar a clase. Unha forma de facelo é sacar aos alumnos ao encerado a explicar os exercicios, pero que non sexan sempre os mesmos. Facer a clase participativa.
-O informe Pisa situaba aos españois como os peor preparados de Europa en Matemáticas. Ademais dos profesores, ¿non terán algo de culpa os alumnos?
-Eu vexo moi pouco interés. Na miña clase houbo un 60% de suspensos. Por un lado é normal, porque se non prestas atención en primeiro de bacharelato, ou se aprobas 'raspao' porque te aproban, como vas aprobar Matemáticas en segundo? Hai xente que non ten nin idea de teoremas e razoamentos básicos.
-O nivel é baixo?
-Moi baixo.Os exames son dunha dificultade razoable,e cando os presentan escoito aos meus compañeiros dicir : Que é isto?, pese a que son exercicios sinxelos e elementales. Pero moitos non acertan a resolvelos.
-Hai trucos para resolver problemas de Matemáticas?
-Non.Hai que ler o problema.Simplificalo.Encontrar as catro claves básicas e ver cal encaixa.
-Pero de que lle serven,por exemplo,a quen saia con vocación de escritor ou historiador?
-Sinceramente, creo que para nada. Se alguén ten moi claro a que quere dedicarse ou non lle van as ciencias, pois só debería coñecer o básico.Pero eso sí, os de letras van por letras,e se olvidan das matemáticas.En cambio,eu estudo Bacharelato Tecnolóxico e teño que estudiar filosofía, o que me parece inxusto.
-Os amantes das Matemáticas teñen fama de ser tipos raros y antisociais.
-Eu considérome un rapaz normal,saio cos meus amigos, practico deporte,tiro con arco en Derio. E gústame o "chunta", o reggaeton e o rock. As "mates" están entre as miñas asignaturas favoritas,pero non son o centro da miña vida.
A entrevista collina do xornal " El Correo ", e é do 15 de marzo do 2008, por Eva Molano.

3 comentarios:
Sí que é interesante, sobre todo pola ultima pregunta, que o prototipo de alguen que lle gusten as mates está moi estereotipado e nunca está de mais desmentilo(aínda que iso de que lle gusta o reggeaton...da que pensar jaja, é broma, é broma!)
Si que é curioso que lle guste o reggeaton... NO COMENTS, :-D
O curioso e que as mates están presentes na música, e ao revés, e sobre todo na música 'culta': as figuras, os compases, o tempo.... todo é medido con proporcións.
E como curiosidade: xa no Renacemento algún compositor (Dufay) compuxo una misa tendo en conta as proporcións arquitectónicas dunha cúpula de Brunelleschi, e no século XX Bartòk basou algunas das súas obras na proporciónn aurea, ademáis dos músicos estocásticos, que fan das súas obras auténticos estudos de probabilidade.
Noraboa polo teu blog.
Tamén podes colaborar con calquer cousa de música no voso blog de 4º, agora que xa tes conta de gmail.
XD
Tampouco as mates son o centro da miña vida, pero sí son o centro da miña PROFESIÓN. A min gostame saír cos meus amigos, o deporte (agora xa de sofá ja ja), pasear, viaxar, a música (case toda), etc
Tipos raros hainos en todos os sitios e en todas as profesións. Desgarazadamente os matemáticos temos esa fama
Un saúdo
Eduardo
Publicar un comentario