2/4/08

Para que serven?


Para que serven as matemáticas?
A gran pregunta que todo o mundo formulouse algunha vez ao longo dos seus anos académicos.
Diferentes respostas para a mesma pregunta…

…para simplificar situacións problemáticas de diversas índoles…
…unha forma de abandoar un mundo de incertidumes e toda cousa pola que nos sentimos inseguros para entrar noutro mundo cheo de respostas e descubrimentos asombrosos…
…para abrir a nosa mente e volvernos máis áxil mentalmente.Desenrolar a lóxica e proporcionar un gran entretemento ao cerebro humano…
…para coñecer,dominar e sobrevivir no mundo que nos rodea…

Cada un vai ter diferentes respostas,para esta pregunta que todos nos plantexamos, ás veces sen nin se quera darnos de conta,simplemente nun mal día debido a elas,cando estamos na casa a facer uns exercicios e non nos saen,cando non entendemos a explicación para algunha fórmula,cando saimos enfadados dun exame polo mal que nos saíu …pero todos a tivemos na mente nalgún día…

A resposta só nós a sabemos,xa que cada un vai buscar unha faceta distinta para darlle uso ás matemáticas, a esa asignatura que nos acompaña dende pequenos e que tantos dores de cabeza nos dá…e que nalgúns momentos cremos que nos supera…
Eu teño moitas dúbida a cerca de esta pregunta…a cerca de que contestar a ela,pero non porque non sepa que dicir, senón porque teño varias respostas para ela,porque ao longo dos anos fun vendo como todos eses coñecementos matemáticos dos que tanto me queixei foron axudándome no día a día…
Por iso,hoxe,cando me puxen a escribir isto,non tiña moita idea do que poñer,pero agora creo que podo dicir que…todas esas dores de cabeza ou malos ratos que nos fan pasar as matemáticas,todas as horas de estudio que necesitas dedicarlles e todo o esforzo que debes poñer en elas…son recompensados…pola satisfacción ao ver como ti eres capaz de resolver cousas pequenas coma unha multiplicación ou unha resta e como tamén co paso do tempo veste capaz de resolver unha ecuación ou un problema de trigonometría aínda que che coste un pouco más…

Esta é a primeira entrada do meu blog,espero poder ir subindo máis cousas día a día,sempre que teña tempo,como xa dixen e como di o título aquí falarase das matemáticas, e espero poder ir deixando reflexións,dúbidas ou algún dos meus pensamentos,e algún día tamén subirei algún que outro problema...sen máis despídome,esperando que fose isto do voso agrado.

No hay comentarios: