
E aquí estou de novo,estos días tiven isto un pouco abandonado,pero non tiven moito tempo...
E a verdade é que hoxe non teño moito que escribir aquí...
Ontes estudando e facendo exercicios...pensei en algo que sempre estivo ai,pero que nunca antes me planteei : As letras e os números están reñidas? As linguas e as matemáticas teñen un conflicto? Ao primeiro pensei...sí,pero logo non...creo que hai moitas falsas teorías sobre isto...e máis,penso que as linguas axudánse das matemáticas e as matemáticas das linguas...para comentar un simple poema facemos uso dos números; e por suposto,a lingua sempre é necesaria e facemos uso dela nas matemáticas...por exemplo,para explicar unha parte de teoría.Non creo que as linguas sexan máis fáciles cas matemáticas ou viceversa...mentiría dicindo que ás veces non o pensei,pero non...estaba equivocada,simplemente hai personas ás que se lles da mellor as matemáticas e outras ás que se lles dan mellor as linguas,pero non polo meu caso persoal podo afirmar que algo é máis sinxelo que outro!Cada persoa mirara o seu caso...e terá que dedicarlle máis esforzo ou horas a unha cousa que outra. Na miña opinión, penso que son tan necesarias as linguas coma as matemáticas,xa que a lingua usámola a cada minuto para comunicarnos e os números axúdanos a cada momento aínda que moitas veces non nos deamos de conta. E vos que opinades? Aquí deixo outra das miñas opinións!
Volverei pronto :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario