Ola!Aquí estou de novo, perdoade por ter isto tan abandoado!Hoxe tiña a idea de subir a terceira páxina, pero non teño moito tempo, aínda que prometo que chegará nos próximos días:)
Estou na clase de informática e lembreime do blog e pensei en actualizalo mentres os meus compañeiros rematan co exame.
E aquí estamos cheos de exames, traballos e mil cousas por facer, que espero rematen pronto cun bo resultado,pero apenas queda nada xa.
As nosas últimas semanas no Monte Caxado, colexio do que me queixei mil veces e todo, pero do que gardo bos recordos. boas amistades e moitos anos dentro e fora destas paredes:) O último día antes de que remate este curso prepararei unha entrada para despedir este blog de matemáticas do 3º trimestre e para despedir todos estes anos, todos os momentos que deixamos atrás e dedicar unhas palabras a eses profesores que tanto nos ensinaron! Ao final, vou botar de menos isto!Creo que isto pásalles a todos.
E agora,estiven buscando algúns vídeos para subir o algunha cousa interesante, pero ningunha me chamou moito a atención.Terei que pescudar con máis tempo.
O próximo día 10 temos o exame final de matemáticas da 3ª avaliación, terei que estudar e esforzarme, xa que o último exame( o dos vectores, que dixen aquí fai un tempo) suspendino cun 4.75 :( o que quere dicir que non foi suficiente o que fixen! Temos que superarnos:) e espero que este me saia ben! Dar a noraboa a Alejandra e David,, xa que foron os únicos que aprobaron, merecíano.
E sen máis, voume ir despedindo.Que queda pouco da clase, e así dou un repaso a historia que temos exame dentro de unha hora!!2ª República, Guerra Civil...
Volverei dentro de pouco, mentres tanto seguirei buscando a páxina, buscando cousas que poidan ser do voso interese e ESTUDANDO!
Un saúdo! E sorte a todos nesta recta final
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario