Bos días a todos! Aquí estou de novo:) E hoxe dispóñome a subir a miña terceira e última páxina de matemáticas.Estou na biblioteca e tiven un oco na clase de relixión mentres os de o outro 4º fan o test que fixemos onte.
E ben,esta é a páxina
http://usuarios.lycos.es/docasar/
Pescudando por internet encontreina e gustoume porque é moi ampla e ofrécenos moita axuda, nela podes encontrar exercicios, fórmulas, exames, chistes, xogos, programas e podes dicir a túa opinión! Ademais preséntache outros enlaces interesantes.
Visitádea porque vos pode axudar, e así vades recollendo páxinas.
A verdade...nunca me axudei de unha páxina para estudar matemáticas ou resolver as miñas dúbidas, pero deime de conta de que internet pode ser moi útil para isto!:)
E se xa revolviches nela un pouco, daríaste de conta de que, esta en galego, si! Algo que tamén me gustou.
Pois si, esta é a miña última páxina!Nun principio pensaba e quería subir unha páxina relacionada coa educación infantil, outra sobre a edudación primaria e unha última sobre a ESO e bachiller.Pero non puiden porque resulta moi difícil encontrar unha sobre a educación infantil, se a encontrades podedes pasala ;) E na última opción decanteime por estas tres :) espero que fosen do voso agrado.
E, sen máis despídome,seguirei actualizando nos momentos libres;)!
Un saúdo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario