11/6/08

Recta final!

Bos días! Pois aquí estou de novo, estos días non puiden actualizar porque non tiña internet na casa e nas clases estivemos un pouco ocupados :)
Pois xa mércores, hoxe fixemos os exames de inglés e galego e xa acabamos, agora quedan algunha que outra recuperación, así que sorte a todos!
Onte día 10 o exame de mate...volvín suspender :( e esta vez con menos nota aínda!!Pero,espero recuperar este exame o luns!!! E así xa poderei dicir que rematei por fin os exames :) matemáticas é a única recuperación que teño( de momento, pero conto con que sexa a última).Así que intentarei sácala.

A verdade non hai moito máis que contar, días ocupados polas distintas materias, penso que xa se necesita o verao ;) para todos.

E cada vez menos para rematar esta etapa de 4 anos e xa poder dicir que temos a ESO. E tamén pouco para rematar a etapa neste colexio de 1o anos:)


Hoxe é un deses días en que podería falar 1oo cousas sobre as matemáticas, pero non teño tempo!
Nunca se me deron rematadamente ben a verdade, non sei nin como fun aprobando:) pero estes últimos cursos fun entendendo as miñas peores enimigas, e descubrín que non todo era tan difícil como pensaba! Non vou dicir que me encanta nin nada polo estilo, que non é así, vese ben que o meu son máis ben as linguas, pero como non están reñidas, nin nada polo estilo tamén aprecio e me gusta saber de números, penso que son necesarios aínda que eu non queira dedicar a miña vida a nada relacionado con iso, como xa dixen están na nosa vida cotiá! Onte enfadeime un pouco jeje pero non con ninguén, eu non vou dicir que o exame fora difícil nin nada polo estilo, era un exame normal sobre esa materia, estaba enfadada comigo mesma porque sei que son capaz de aprobalo, ao mellor antes non o cría, pero vin como si que podo aprobar un exame de matemáticas, e aínda que sexa esa materia que máis dores de cabeza me da, é un dos aprobados que máis me gusta! Xa que deixo moito más esforzo nas matemáticas que noutra asignatura que se me de mellor e que non necesite dedicarlle tanto tempo, e a todo o mundo lle gusta ver o seu esforzo recompensado, por iso sempre me alegro aínda que sexa ao ver un suficiente!Claro está que sempre é bo mellorar e superarse a un mesmo!!! E a min gústame eso, xa que é coma un empuxón moral que nunca está de máis. Así que, espero conseguir unha vez más o que consideraba tan imposible, pero nada é imposible. Non me enfado ou queixome por ter que facer unha recuperación ou pola bronca que me boten os meus pais na casa, enfádome comigo porque é unha decepción a un mesmo, e iso ás veces é moito peor que unha rifa doutra persoa!
Gracia a todos aqueles que aguantan cada día esas malas caras que teño ás veces:) eso tamén o botarei de menos! Ninguén sabe que dicirme neses casos como vós o sabedes!


E despois de deixar escrito aquí todo isto, que me deixou un pouco máis tranquila! Voume ir despedindo, porque temos agora clase de lingua castelá!

Un saúdo a todos! E voltarei pronto que xa me arranxaron internet;)


Sorte! E...superádevos!

No hay comentarios: