Ola de novo!
Aquí estou, e como xa dixen na entrada anterior, hoxe toca a segunda páxina sobre as matemáticas:)
Así que, sen máis, deixo cal é
http://personales.unican.es/gonzaleof/#
A miña elección veu dada porque me parece que está páxina é moi útil para os estudantes de bacharelato, xa que che ensina o temario que se da neses cursos, explica a teoría, hai tests, as súas solucións, etc. Convídovos a que a visitedes! Algo que tamén me gustou é que fai a distinción entre os dous bacharelatos(científico e de ciencias sociais) e así todos os estudantes do bacharelato poden resolver as súas dúbidas, e non só eles, eu aínda non rematei 4º, pero así puiden ver o que terei que estudar das matemáticas o ano que ven.Espero que a vós tamén vos pareza unha boa elección.Nos próximos días a terceira e última, é que ando un pouco liada!
Un saúdo!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario