Hoxe e nos próximos días poñerei os enlaces de 3 páxinas que me gustan e parecen interesantes das matemáticas e así tamén vós poderedes velas.
A primeira é
http://sauce.pntic.mec.es/jdiego/glosario/glosario.htm
É unha páxina que trata sobre as matemáticas en primaria,dende 1º ata 6º ; anos moi importantes da educación tanto como persoa que como académica, e máis desta materia da que estamos a falar :)
Por que seleccionei esta entre todas as webs sobre matemáticas que podería elixir?
Porque según comecei a revolver nela gústoume, paréceme adecuada e sobretodo moi completa, algo que na miña opinión é moi importante.
É útil para todos os nenos tanto de 6 ou 7 anos como de 9 ou 10; ademais considero que tamén pode facilitar información ou métodos aos mestres.
Algo que me gustou especialmente dela é que achega ás matemáticas dunha forma moi divertida e sinxela, fala sobre un neno que é coma o protagonista da páxina e diche quen é e os seus problemas e se ve o achegamento que ten aos números:)
Tamén ten unha organización sinxela, nela dispós de problemas, razoamentos, cálculos, un glosario para solucionar as túas dudas teóricas, e tamén hai tests de distintos niveis para avaliarte a ti mesmo.
O creador dela trata todos os temas con moito humor, sen quitarlle importancia, pero sen darlle tanta que os nenos se vexan asustados desas matemáticas tan faladas polos máis maiores ou que lles parezan pesadas ^^
E agoro,invítovos a que a visitedes, xa que eu fixen aquí un resumo de todo o que ten e porque me pareceu interesante, pero isto só é a miña opinión, así que busca a túa!Espero que vos gustase a miña elección!
Subirei pronto outra entrada, coas outras dúas páxinas! Tardei un pouco, pero os exames...
Un saúdo!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
carais antia cantas entradas levas feitas
un bico
Interesante.
Eduardo
Publicar un comentario